Friday 19 de April de 2024

Un cento de persoas participan na andaina “8M, no camiño da igualdade”, organizada polos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra


Arredor de cen persoas participaron na andaina “8M no Camiño da Igualdade”, organizada polos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra. O percorrido comezou no campo da festa de Bendaña e rematou na Ponte de Gudián. 12 quilómetros realizados a carón do río Ulla por un centenar de persoas coas súas camisetas malvas co lema da andaina: “8M no camiño da Igualdade”.

As/os participantes desfrutaron da natureza durante todo o roteiro, onde de forma estratéxica se colocaron carteis que poñían en valor a moitas mulleres loitadoras, que actualmente destacan en diferentes eidos sociais. Esta andaina reivindica o papel da muller e sobre todo o compromiso do tres concellos de poñer en valor a sensibilización en Igualdade, de reinvidicar que mulleres e homes deben apoiar a eliminación de prexuízos, loitar contra a violencia de xénero e fomentar que a muller sega a acadar maiores postos de responsabilidade e de recoñecemento.

A iniciativa foi financiada con cargo ao Pacto de Estado e tamén polos concellos participantes. As camisetas que foron repartidas polos tres concellos, Servizos sociais de Touro, Vedra e o CIM de Boqueixón.